MUESTRALO pon á súa disposición todo un elenco de especialistas en organización de eventos e un amplo abanico de servizos que farán do seu congreso, seminario, curso, feira, viaxe de incentivo, etc, un referente que lle permitirá obter o máximo rendemento económico e a maior das repercusións nos medios e campos aos que se dirixa.
Outdoor Training
O Outdoor Training persegue potenciar as habilidades laborais e persoais dos traballadores mediante unha metodoloxía vivencial baseada na aprendizaxe a través da experiencia directa. MUESTRALO desexa ofrecerlle este servizo como unha ferramenta máis para a mellora da xestión da súa empresa, mediante programas de formación de Outdoor Training personalizados. Para o seu deseño teremos en conta as necesidades de cada cliente. En primeiro lugar identifícanse as necesidades que xeraron que a empresa queira aplicar este tipo de formación e unha vez postos en marcha, os alumnos que participan nestes cursos desenvolven actividades de forma vivencial, en contacto co aire libre. O medio natural reúne a todos os participantes nun nivel de igualdade, de incerteza, de modo que existe unha inseguridade compartida e todos ven presionados a desenvolver novas competencias para liquidar as situacións que se lles presentan.
Servizo de Azafatas
MUESTRALO creouse có obxectivo de de promocionar e organizar, total ou parcialmente, feiras, congresos e exposicións, entre outros. Dentro das nosas prestacóns se atopa a posta á súa disposición do noso servio de azafatas.
